Xeira Monte Terroso - Salcidos - A Guarda.


As xeiras nocturnas ten a maxia que escenifica a escuridade. Alí a presenza da natureza ten outras cores e outros mensaxes que perante o reinado do sol non podemos atopar. Si alguén o tiña claro foron os antigos habitantes da nosa terra, que deixaron seu gravados nas rochas para só amosarse cando o astro rei se deita ou apenas ergue polo horizonte. Os namorados do arte rupestre saben disto e fan seus traballos de estudo arqueolóxico cedo pola mañá o polo entre o lusco e fusco. Por iso as xeiras rupestres ingresan ao monte pola noite, porque só alí os visitantes terán a posibilidade de atopar as voces que dende antigo murmuran vellas cantigas que arroupan enigmáticos legados.