Dende hai 10 anos o Instituto de Estudos Miñoranos, organiza unha serie de visitas-guiadas ou Xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor (Concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán).
Páginas
- Página principal
- Mámoas de Prado e petróglifos de Agua da Laxe. Cró...
- Xeira do IEM, Santa Tegra, A Guarda, 9 Xullo.
- Crónica: Subida ao Galiñeiro
- A Groba: da Valga a San Xián.
- Xeira Verán 2010 Arte Rupestre: Petróglifos de Mon...
- Crónica: Xeira á Península de Monteferro
- Vixe virtual polos montes de Couso. Xeira do Verán...
- Xeira Monte Terroso - Salcidos - A Guarda.
Vixe virtual polos montes de Couso. Xeira do Verán 2010 IEM
Xeira que se iniciou no Local do IEM ás 18 h, para continuar en coche ata a área de lecer do alto do Viso perto de San Antoniño, onde deixamos os coches. Logo subimos a pé ata o alto dos Castros para ver as fermosas vistas sobre o Val Miñor e a posible ubicación dun poboado castrexo.
A seguir baixamos cara a estrada pola parte sur, pasando por un pequeno souto de castiñeiros ata chegar a estrada, cruzamos para abaixo e a uns 500 m chegamos a laxe gravada cos petróglifos do Sobral un dos máis singulares de Couso, uns cuadrúpedes que semellan cabalos. Rematamos voltando ao aparcamento da area panorámica e observamos como se deita o sol no océano.
Ver Xeira polos montes de Couso nun mapa máis grande
Suscribirse a:
Entradas (Atom)